gl
Que son os Bancos de Tempo?
Un Banco de Tempo é unha ferramenta coa cal un grupo de persoas pode crear unha alternativa económica social. Nun Banco de Tempo intercámbianse habilidades entre os membros sen utilizar diñeiro, unicamente se contabilizan as horas de servizo prestado e recibido
Vemos un exemplo

Como participar?
1
Encontra o teu Banco de Tempo máis próximo mediante o noso mapa
2
Achégate, infórmate e inscríbete 
3
A partir dese momento formarás parte dun Banco de Tempo e poderás comezar a intercambiar horas. Aquí podes ver exemplos de intercambios.
Busca o teu banco
Busca o teu Banco de Tempo máis próximo e empeza a intercambiar tempo!
Para informar de cambios nos datos que aparecen no mapa fai clic sobre o nome do Banco de Tempo, accede á súa ficha e busca a opción "Editar". Se non aparece un Banco de Tempo existente podes informarnos aquí.
Ferramentas
Wiki Bdt
A finalidade desta Wiki é poñer ao alcance de todo o mundo a maior cantidade de coñecementos posibles sobre os Bancos de Tempo. Os contidos xéranse de xeito colaborador e a través das distintas experiencias dos Bancos de Tempo.
Foro
Útil para compartir información e experiencias entre os Bancos de Tempo, sendo un factor clave para acelerar o desenvolvemento e o mellor funcionamento destes. Accede dende aquí.
TimeOverflow
Aplicación on-line de xestión de Bancos de Tempo. Está especialmente deseñada por e para os Bancos de Tempo que existen fisicamente, o seu fin é potencialos grazas a Internet. A ADBdT ofrecer unha instalación gratuíta que se pode solicitar aquí.
Mapa Bdt
Ferramenta que nos permite buscar o Banco de Tempo máis próximo. Aquí están reflectidos todos os bancos de España.
Coñeces algún Banco de Tempo que non aparece no mapa? Comunícanolo
Coñeces algún Banco de Tempo que non aparece no mapa? Comunícanolo
Colabora
Asociación para o Desenvolvemento dos Bancos de Tempo
- Compartimos recursos e coñecementos para facilitar o bo funcionamento dos Bancos de Tempo
- Faiche socio e axuda a promover os Bancos de Tempo.
- Faite voluntario e colabora cos nosos grupos de traballo
Súmate!
O xeito máis sinxelo de fomentar os Bancos de Tempo é participando.
Difunde a mensaxe!
- Anima a colaborar os teus coñecidos, amigos e familiares.
- Comparte os nosos contidos en Facebook, Twitter, ...
- Usa e comparte o noso material de difusión..
Fai unha micro-doazón!
Axúdanos a seguir ofrecendo todos os nosos servizos gratuitamente para todos os Bancos de Tempo colaborando con 1 € ao mes en Teaming.